Saltar ao contido

Bandeira de Eritrea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Eritrea
Bandeira de Eritrea
Características
Uso
Proporción1:2
Adopción5 de decembro de 1995
Cores     Verde     Vermello     Azul     Amarelo

A bandeira de Eritrea foi adoptada o 5 de decembro de 1995. Está baseada na bandeira ondeada polo Fronte Popular de Liberación de Eritrea (FPLE) na súa loita pola independencia.

Cores e simbolismo

[editar | editar a fonte]

A bandeira de eritrea está formada por catro cores, tres das cales son propias do panafricanismo. O significado das cores é:

  • Verde: simboliza a economía agrícola e gandeira de Eritrea.
  • Vermello: significa o sangue derramado durante a loita pola independencia de Eritrea.
  • Azul: representa a riqueza mariña.
  • Amarelo: representa a riqueza mineral do país.

A coroa de oliva e a póla na bandeira proveñen da primeira bandeira nacional de Eritrea usada entre 1952 e 1961, a coroa de oliveira foi adoptada da bandeira das Nacións Unidas e simboliza a paz.

Outras bandeiras

[editar | editar a fonte]

Bandeiras históricas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]